siguiente
anterior
86 Pág. Escritores Silvia Fernández Naveiro

Inacabado

Chove de novo no noso país,
trona,
e cae do ceo o teu ollar
de lóstregos, de doces aromas.

Olvidar que xa non estás;
cando desapareces,
o lusco-fusco tórnase interminable;
a dor flue polas venas do mundo.

¿Por que non facemos unha parada,
a medio camiño?
Vivir estando contigo, a medias;
estar comigo, sen ser así
 realmente.

 

*****************
Cinguido

Tempo: masacre,
amor, mentira; logro.
Tiveches que dar volta,
xirar sobre ti mesma,
esperar ata o momento exacto,
e comezar a barbarie.

Sentimentos.
Gustoume que souperas reaccionar,
tiveches valor, saiches.

Ti non lles viches as caras;
eu contemplei con gozo a
estupefacción,
estupidez, ó fin e ó cabo.

Sinto que ó meu redor,
só estás ti,
producindo a confusión,
constantemente.